“O Programa de Cualificación Profesional Urbana Santiago Norte”, promovido pola Concellaría de Economía, Emprego, Comercio e Turismo do Concello de Santiago, pon a disposición das persoas traballadoras que non contan con formación profesional formal pero si teñen competencias profesionais adquiridas a través da práctica, unha serie de servizos e recursos, de acceso libre e  gratuito que permitan dar respostas a tódalas necesidades e inquietudes relacionadas ca acreditación profesional e a promoción no emprego

Os eixes de traballo son os seguintes:

  • Servizo de información sobre a acreditación das competencias profesionais: as vías existentes para acreditalas, como rexistralas e a información sobre as convocatorias públicas de acreditación pola vía da experiencia laboral.
  • Formación en competencias básicas e transversais clave, e
  • Orientación e asesoramento sobre a promoción e a carreira profesional.